lunes, 10 de mayo de 2010

Camiño de Santiago-6ª Etapa:Melide-Calle



O noso Cen pés desta vez foi un pouco "coxo" porque notáronse moitas ausencias...fomos 39, é dicir, 78 pés cubertos con capas multicolores que abaneaban co vento, a chuvia e de cando en vez algún raíño de sol, todo un luxo cando aparecía..
Pero non nos queixemos tanto que pese a chuvia, a etapa deixouse traballar dignamente con algunha subida, é certo, pero que indo a modo non supuxo problemas para ninguén.
Os campos e as carballeiras estaban inmensamente verdes, tanto que sorprendían, exaltaban os sentidos e facían olvidar a auga intermitente.. e ante os noso ollos este color apenas desapareceu para deixar ver algunha tonalidade máis intensa de aqueles pinos tan ben alineados ou aqueloutros eucaliptos que entremedias e ao lonxe ata quedaban ben na paisaxe..
Esa paisaxe que vai cambiando, pouco a pouco, para máis "civilizada": as aldeas van aparecendo máis cuidadas, e mellor restauradas, as casas ata teñen o seu xardín e non só a horta plantada para o autoconsumo; agora abunda a preocupación estética, cousa que escaseaba no medio das aldeas lucenses abandoadas e perdidas no tempo, tocadas con ese aire de miseria que deixa a mistura da digna pedra e madeira coa uralita e o ladrillo visto.
E unhas cousas vai cambiando... como o lugar de Ribadiso, co bar e albergue moi ben restaurado respetando o entorno do río Iso, onde case todos fixemos unha paradiña. E outras permanecen, para ben a maioría das veces...e así se sente ao ver os prados peinados, os labradíos, as vacas pacendo, as preciosas carballeiras, os camiños estreitos, e as sombrías congostras que nos deixan ver non só as raíces das árbores, senón a nosa terra por dentro..todo un símil no que meditar.

1 comentario:

  1. despois no comentario que esta feito no queda nadiña que mencioar, todiño aclarado e ben aclarado, chapo, damoslle una aperta que ben a merece, animo pola miña parte, matricula de honor,bo comentario

    ResponderEliminar