miércoles, 5 de mayo de 2010

Camiño de Santiago-6ª Etapa: Melide- Salceda

Etapa para o póximo domingo 9 de maio. Saída desde a igrexa parroquial ás 8.00.

Percorrido: 24 km

Dificultade: como ata agora con subidas e baixadas non moi acusadas.

O Tramo de Melide a Boente está descrito na anterior entrada, na etapa 5ª.

Trala igrexa de Santiago de Boente baixaremos hacia o río do mesmo nome, chegaremos o lugar de Punta Brea pasando antes por un túnel para salva a N-457, ascenderemos máis alá ata Penalada onde podemos coller auga na súa fonte. Seguindo por praderías e campos de cultivos chegamos a Castañeda(7,9 km), lugar onde están os fornos de cal nos que os peregrinos deixaban a pedra que cargaba desde Triacastela.

Por pista asfaltada avanzamos hacia Pedrido e Río, antes de chegar veremos en panorámica os pazos de Pumar co seu gran hórreo e máis adiante o pazo neoclásico de Sedor. Atravesaremos o couto de Doroña e por camiños veciñais accedemos o val do Iso así chegaremos a Ribadiso, cruzaremos unha ponte medieval e atoparemos o que foi o hospital de peregrinos e hoxe está restaurado como albergue(11 km). Xa quedan só 3 km para chegar a Arzúa onde hai na entrada varios albergues privados, máis ao centro está o público. Entraremos a Arzúa pola avenida de Lugo, e na altura do monumento o peregrino colleremos a rúa do Camiño de Santiago que se prolonga no Carmo, atoparemos a capela da Madalena, e a de Santiago, seguiremos por esta rúa con sopotais e casas revestidas de madeira e pedra. Logo baixaremos a fonte dos Franceses, cruzaremos o río Vello e chegaremos de seguido as Barrosas e a capela de San Lázaro. Entre prados e carballeiras abandoamos Arzúa, e subiremos a Preguntoño con ermita a San Paio do s. XVIII.

A partir de agora cada vez é máis frecuente a presencia dos eucaliptos e menos carballos, pasaremos de aldea en aldea rodeadas de prados, así atoparemos A Peroxa e Taberna Vella, para máis alá Calzada que é a última aldea da parroquia de Burres do concello de Arzúa. De aquí entramos no concello de O Pino, xa preto a Santiago, pola aldea de Calle, que ten bó hórreo e cruzaremos o río Langüello que ten lavadoiro. Seguiremos por pistas ata chegar a Boavista e a Salceda.

2 comentarios:

  1. rezade un puoquño pra que non chova que a ruta ten moi boa pinta e ai que comer o queixo pra repoñer forzas animo ainda que chova, saudos a todas/os, aupa CEN-PES.

    ResponderEliminar
  2. a pesar da choiva, foi moi fermoso, moita pradera, naturaleza pura como te que ser en galicia, hasta a proxima, saudos

    ResponderEliminar