sábado, 20 de octubre de 2018

Sendeiro de Pelamios(Xunqueira de Ambía)

O domingo 7 de outubro empezamos a actividade de senderismo de Cen Pés por unha ruta interior e circular entorno do pobo de Xunqueira de Ambia a 7 kms de Allariz.
Para tal fin madrugamos e partimos as 7.30 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía como ven sendo habitual despois de tantos anos. O recorrido proxectado foi de 14.5 km sen dificultades só as propias dun terreo de monte e ribeira.
Esta ruta comeza en Xunqueira de Ambía, desde a praza onde esta o santuario fomos cara o río Arnoia, por camiños con densa vexetación e arbolado, con árbores que aínda tiñan o musgo do inverno coma as pedras que bordean estes camiños.
Percorremos as dúas beiras do Arnoia, un lugar mágico coas aguas do río en total quietude que parecía un espejo no que se reflexaban as ramas das árbores facendo un mundo duplicado. Con esa sensación e en silencio fomos ata San Xillas, que ten  unha bonita capela. Desde aquí, onde nos agrupamos, continuamos  por sendeiros e congostas metidas nestes montes cheos de carballos e castaños ata A Pousa que ten  a capela da Virxe do Camiño con clara  referencia a Vía da Prata que pasa por estas terras.
Regresamos novamente cara ao río Arnoia para cruzalo pola  bonita pontella do Ecoespazo de Rexo, onde contemplamos a obra pictórica e  escultórica de Agustín Ibarrola integrada na natureza. De aquí xa dimos a volta cara a Xunqueira de Ambía. 
Despois de comer visitamos a Colexiata de Santa María, unha verdeira xoia e privilexio.






No hay comentarios:

Publicar un comentario