martes, 10 de abril de 2018

Ruta Lobios(Ourense)

Esta foi unha ruta cómoda e moi fácil. O o máis dificil sería levantarse máis cedo e chegar a Lobios, lugar no que almorzamos e logo xantamos. Lobios é un núcleo de poboación pequeno, pero con moita vida e un mercado moi concurrido con moitos postos pola rúa principal que leva ao balneario e a Portugal.
Para pasar co bus polo medio dos posto do mercadillo, tivo Eusebio poñer en práctica a súa habilidade e ter a axuda de protección civil. 
Así chegamos a Portela do Home no lado portugués e iniciamos a ruta debaixada, sen deniveis importante, case un paseo, no que en todo momento escorrentaba a auga por estas montañas que na cara portuguesa mira ao Gêres e na española a Lobios e Entrimo. Moito regatos, ríos, fervenzas atopamos polo camiño e viamos na distancia nos montes do arredor, a máis espectacular é o regato de Corga da Fecha que nesa época do ano leva tanta auga que convirtese unha fervenza preciosa. Tamén atopamos os restos do incedios, a terra queimada, as silueta das árbores sen vida, unha pena.
 Así chegamos a vía romana pola que fomos ata chegar ás termas de Lobios, atopamos polo camiño os Milarios romanos, esas columnas cilíndricas que marcaban na vía romana a distancia das millas romanas(1481 metros) e a mansión romana Aquis Originis, que tiña aínda visible o sistema de calefacción. 
Unha saída recomendable deu tempo ata para facer algunha compriña no mercadillo.
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario