domingo, 29 de abril de 2018

Ruta de castro de Doade(Lalín)

Esta ruta é de nova creación, inagurárona en outubro do ano pasado e polo tanto está moi ben sinalizada e non ten pérdida, ademais é circular, uns 14 kms.
Unha ruta preciosa para os amantes dos bosques, carballeiras e soutos, dos ríos e da natureza.


Partimos desde Codeseda, a aldea que ten un museo etnográfico na "casa do Patrón", pero estaba pechado, xa de saída estabamos rodeados de prados e fomos dereitos ao monte repelto de árbores, castiñeiros centenarios e caballos, seguimos os sinais por camiños e chegamos pronto á beira do río. Por aquí pasan dous o Asneiro e o Lobozán. 
A paisaxe de ribeira estaba preciosa. Pasamos por debaixo da autopista e seguimos ruta por estas terras que a verdade é que estaban bastante anegadas, pois ainda que non nos choveu moito, o a terra non chupaba máis e moitos caminos estaban  enchoupados. 
Xuntámonos todos na aldea de San Xoán de Vilanova, que ten unha capela moi xeitosa, sobre todo por dentro con teito de madeira. Ali nesta Vilanova fixemos a foto de grupo para logo seguir por estes paraxes máxicos, de auga e bosques no que non atopamos ningún eucalito nin piñeiro ao longo da senda, só muíños abandoados na ribeira do río. Hacia o final da ruta acercámonos a rodear o imponente carballo, catalogado como o máis vello de Galicia.
Unha marabilla, enhoraboa por esta ruta aos de Lalín!

No hay comentarios:

Publicar un comentario