domingo, 26 de febrero de 2017

Ruta dos faros: praia de Niñóns- Faro Roncudo

Como tiñamos previsto o domingo 26 partimos para continuar cunha etapa da ruta do faros xa que o ano pasado fixemos de Malpica ata cabo Noriga. Desta vez saímos un pouco máis adiante, desde a praia de Niñóns que é preciosa, cun areal longo e na que desemboca un regato. Baixamos a praia  para  subir polo pinar que hai detrás dela e seguir pola costa hacia os cantís que protexen a praia de Niñóns. Fomos por unha estreita senda con moitos fentos e xa na costa disfrutamos dun mar bravo con grandes ondas e distinguiendo o cabo Noriga ao lonxe hacia o norte. Nós seguimos cara o sur ao lado do mar para logo ir baixando ata a praia da Barda entre toxos, as vistas  foron impresionantes e o tempo deixonos tranquilos cun pequeno orballo de cando en vez que resfrescaba pero non molestaba e, o que non paraba era o vento que fixo da ruta algo emocionante facendo rugir o mar. 
Así chegamos ata  ensenada de Barda, espectacular esta entrada de mar en terra vista desde arriba. Reagrupámonos na praia e fixemos unha pausa porque logo tocaba subir polo monte arriba pasando polos aereoxeneradores co seu constante son e  enormes aspas, así chegamos a aldea do Roncudo tan apartada onde esperaba o bus; sen embargo,  algúns seguimos a ruta por un camiño dificultoso con subida e baixadas profundas, os camiños utilizados polos percebeiros  que levounos ao pé do cantís a disfrutar da parte máis espectacular e tremenda, toda  unha viaxe, unha aventura tan cerca deste mar rotundo e bravo, rodeamos ese monte rocoso que separa a aldea do Roncudo con faro do mesmo nome, que distinguimos na punta tan solitario e rodeado da espuma das ondas e o son do vento. En días como este entendes o porqué do seu nome: toda esta costa ronca, ruxe a un tempo, está viva coa súa peligrosa beleza.











No hay comentarios:

Publicar un comentario