domingo, 12 de febrero de 2017

Ruta Os Peares-A Peroxa

Esta ruta coñecida como o PR-G 179 como Ruta polo Miño, está recomenda para facela desde A Peroxa ata Os Peares para aliviar o desnivel, xa que A Peroxa está a 486 m. de altitude,  deste modo baixase ata o Miño en Os Peares.
Os Cen Pés fixemos esta ruta ao revés,¿motivos? sobre todo pola climatoloxía, pois a noite anterior choveu moitísimo, de feito todos pensabamos que teríamos unha saída dificultosa, esvaradiza, e chuviosa, en cambio o tempo acompañounos e agás ao comenzo mentras almorzabamos e pouco máis, apenas caeron unhas pingueiras nada significativas.
Así partimos desde os Peares, un pobo  entre dúas provincias (Lugo e Ourense)  e entre tres ríos, onde se xuntan o Sil, o Miño e o Búbal, cun pasado máis revelante que o seu presente, coas súas casas pintadas de xeito pintoresco e a súa praia. Nós iniciamos a ruta na beira do Miño, coas mimosas en flor, preciosas pero moitas delas derrubadas no camiño polo tempo e a chuvia da noite, o río baixaba cheo e magnífico, incluso distinguimos algunha garza na ribeira. Así    na contemplación do río fomos subindo cada vez máis e disfrutando dos bancais das vides  e o río alá embaixo e os montes poblados de árbores autótonas con todas a gama de cores do verde aos pardos  así entretidoschegamos a Golfariz, unha pequena aldea na mitade do ruta, a partir de aí, a pendiente acentuose, e camiñamos acompañado do ruído da auga do río Barra que cruzamos por varios puntos e que baixa estreito e rodeado dun bosque de ribeira e algún prado, así acercámonos ao castelo da Peroxa que ten boas vistas e un poquiño máis a o pobo da Peroxa. Logo volvimos a Os Peares onde xantamos no mesmo bar no que almorzamos.













No hay comentarios:

Publicar un comentario