sábado, 15 de abril de 2017

Ruta de " A Cubela"- Ribas do Sil

Nun día fantástico para camiñar, aínda que un pouco caluroso, comezamos esta ruta circular en Castro de Abaixo, un percorrido de 14 kms que parte no entorno Aguasmestas onde nos deixou o bus e vai subindo polo Camiño Sur  de Santiago ou tamén chamado Camiño de inverno, forma parte no seu 50% na Rede Natural Ancares-Courel.
Pouco a pouco fomos subiendo entre  hortas, prados con gando, camiños bordeados de pedras e soutos de vellos castiñeiros que non deixaron de sorprendernos coas súas formas, árbores que deberíamos coidar con mimo e cariño porque son verdadeiras esculturas. Así chegamos a aldea de Tobeo onde tomamos un viño fresquiño na taberna e visitamos a escapada a igrexa do s. XII-XIII.
 Esta quizás foi a etapa máis esixente; logo fomos baixando e collemos o camiño que leva ao miradoiro de Louxoá. Nótase que estas terras son ricas en todo, gando nos herbais, montes cheos de todo tipo de árbores, sobreiras, madroños, caballos, castiñeiros, e como no o viño que se desparrama nas abas do Sil, o rico mencía, tal vez non se vexa por aquí tanta vides como noutro zonas, pero non faltan. É unha zona  rica  en flora e fauna. 
Pasamos por Pena tallada, unha pena labrada polo home para deixar pasar os carros e o gando e levounos ao meandro da Cubela, que nos deixou boquiabertos, é espetacular esta paisaxe, parece un xigantesco animal prehistórico visto frente a frente, pero non;  tampouco  é este meandro de case 360º froito do río, senón dunha fractura orográfica na placa de granito, arenisca e cuarcita de máis de 360millóns de anos. É realmente fermoso,  a altitude  aquí íalcanza os 600m. e resulta incrible que os homes desta terras lograran salvar tremendo desnivel a base de esforzo, moito traballo e tan pouca tecnoloxía.
A baixada faise máis pronunciada ata chegar a aldea de A Cubela, pequena e bastante restaurada. Nós seguimos de largo pegados a beira do Sil por un camiño estreito ata chegar a ver a desembocadura do río Lor no Sil, para virar cara ao interior e volver a Castro de Abaixo cansos pero satisfeitos, rebosantes de tanta fermosura.








No hay comentarios:

Publicar un comentario