Como todos os anos e un máis os Cen Pés fixemos a última ruta do 2017 para facer o que nos gusta compartindo cos amigos e seguindo a tradición de colocar o noso Belén nun rinconciño da nosa terra, desta vez foi elexida Catoira e a capela de San Cibrán.
Reunímonos as 10.00 en Fontefría para ir polas pistas do monte Xiabre cara ao interior da ría nunha mañá fría pero agradable para camiñar este recorrido que vai paralelo ao río Ulla que dicurría alí abaixo cuberto de néboa, un recorrido no que se contempla como a nosa ría de Arousa vaise abrindo ao mar tan bonita, tan máxica que da alborozo mirala, retela nos ollos mentras imos falando todo o rato con uns e outros amigos deste xeito chegados a altura de Catoira, o camiño baixa en forte desnivel por sendas de monte, das de sempre e chegamos a destino: a capela de san Cibrán, unha cabaralleira prciosa e acolledora coas súas mesas, regato, igrexa, crueiro, e unha alfombra chea de follas ....aquí despedimos o 2017 celebramos o aninovo, papamos e bebemos e como no!!!..escondimos o Belén de CEN PÉS!!!, ese que nos trae sorte para as futuras rutas do 2018.
No hay comentarios:
Publicar un comentario