martes, 10 de octubre de 2017

Ruta Maquino Largaño-Luintra







Esta ruta descorre pola Ribeira Sacra, polo que é fermosísima.
Fixemos un tramo do antigo Camiño Real que vai dos Peares ao mosteiro de San Estebo do Sil, este camiño tamén coñécese polo nome de Maquino Largaño,que en xerga dos afiadores significa "Camiño longo", do que se pode senderear os 21 kms ou menos, uns  14 kms que está no PR-G 178, está moi ben sinalada e enlaza con outras rutas da zona. Nos fixemos unha variación desde a aldea de Luintra que pertece ao concello de Nogueira de Ramuín.
A ruta é preciosa porque vai por bosques, carballeiras e soutos con árbores preciosas que aínda levan postas as súas  follas, pero tamén deixaban caer  outras tantas tapizando os camiños e facendo  todo máis agradable si cabe.
Fomos en plena celebración do Samaín e atopamos en parte do recorrido adornado con estampas de medo, esqueletos, morcegos, visceras de animais colgadas, arañeiras etc, fomos pasando por distintas aldeas Monteverde, Mundín, Bidueiro, un camiño para disfrutar con varios monumentos que ver como as mámoas da Moura, e o miradoiro de Pedra Longa por onde pasamos pero que non se distinguía nada pola néboa: Fomos subiendo de zonas baixas a unha certa elevación desde onde chegamos a divisar o Sil ao lonxe e o Mosteiro de San Estebo para logo volver a baixar.
O camiño que leva ao mosteiro foi realmente unha maravilla con castiñeiros centenarios e  ainda coas rodeiras dos carros labradas nas pedras, a veces  máis estreito entre muros cheos de musgo, serpeteando para salvar aos desniveis. Así contemplando a paisaxe, a aldea no alto, o mosteiro no outro lado do monte entre as árbores, chegamos a San Estebo e lle fixemos unha visitiña e seguindo camiño  rematamos na aldea de Pombar con esa alegría que deixa unha boa experiencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario