jueves, 25 de febrero de 2016

Ruta A Cañiza PR-G 165, "As fragas e levadas do Calvo e Deva"

Comezamos a nosa ruta do "Val de Parada de Achas" con entusiasmo nunha mañá agradable para a andaina.
O bus deixounos cerquiña do lugar coñecido como "Peña de Francia", xa se vía ao arredor os montes ben poboados de árbores autóctonas, certamente pintaba  unha ruta prometedora.

Fomos baixando rápidamente cara ao río en forte descenso polo "camiño de San Maritño" rodeados dunha arboreda variada piñeiros e bidueiros; segundo nos acercabamos ao río Oulo la vexetación facíase máis densa, vése as primeiras sinais que deixou por estes lugares a forza da auga das chuvias pasadas, así foi que non puidemos cruzar polos pasos sobre o río porque estaban asolagados e fomos un pouco máis adiante buscando a maneira para cruzalo. A  auga  está presente en correntías e regatos que discurren polas laderas do monte e  cruzan camiños  nutrindo ao Oulo, unha constante que ser repetirá tamén na conca do Deva e o Caldo.
 Vemos aparecer as primeiras sobreiras, que cada vez fanse máis abundantes ata estar rodeados exclusivamente destas árbores cheas de musgo, nun bosque encantado, fabuloso, un "sobreiral" enorme con magníficos exemplares. Nunca tal viramos!!!..
Pero tivemos que seguir camiñando e pouco a pouco fomos deixando as sobreiras e volvemos ao río co seu frondoso bosque  de ribeira, o Deva , que nun tramo  estreitase  nunha pequena garganta que fai que a súa agua se faga escuma e ruxa entre as penas. Unha preciosidade. Con ganas de quedar un pouquiño máis seguimos andando entre impresionentes fentos, líquens, narcisos silvestres e salgueiros, ameneiros e carballos que acompañan ao Deva que baixa rápido entre remansos e pequenas ferbenzas, facendo de cada acodo do río en espazo único. Antes xa deixaramos ponte Taín e  o muíño de Sampaio.
Sempre camiñando cerca do Deva fomos por camiños e corredoiras, atravesamos a aldea de Feirón coa súa Igrexa e collemos o Camiños dos Difuntos cara o río Calvo, que como o Deva se retuerce entre rochas e vexetación,le vellos muíños que aparecen a un lado e outro da ribeira, ruinosos e cubertos de musgo, frente a un deles tivemos que cruzar o río de formas imprevista por riba dun tronco e en fila india.
E chegamos a Fraga do Calvo, un espazo impresionante con magníficos castiñeiros centenarios, cada un mái s  fermoso e espectular, un lugar que te atrapa, do que non queres machar, pero tivemos que seguir a           ruta  e tocou subir o que antes baixamos, así collemos polo Camiño da Raíña hacia o monte da Pereira onde pasta o gando e contémplase a paisaxe toda, aldeas ao lonxe, fragas embaixo e o camiño que nos leva a Peña de Francia, coa igrexa e o castaño centenario, onde rematamos esta ruta, da que quedounos gañas de volver noutra estación do ano para seguir disfrutándoa aínda máis.




   

No hay comentarios:

Publicar un comentario