viernes, 20 de noviembre de 2015

Ponteareas-Salvaterra

Esta ruta ten o seu inicio na praia fluvial de A Freixa en Ponteareas e segue o curso do río Tea ata chegar o  parque de A Canuda en Salvaterra do Miño,moi cerquiña da ponte internacional que nos separa co país vecino, Portugal. É unha andaina  fácil de camiñar pois foi completamente lisa, sen desniveis o que a fai tamén recomendable para facela con bicicleta, de aí a cantidade de ciclitas que atopamos. Ademaiss está moi ben sinalizada, non hai perda. A senda conta o atractivo do río coas súas augas tranquilas e transparentes, ás árbores de bosque de ribeira que acompañan en todo o recorrido e  coa imaxes das  tres puentes maxestuosas pontes: A "Ponte dos Remedios"", unaa obra medieval (século XIII), sobre cimentos de orixe romano, a Ponte Das Partidas" tamén medieval e de orixe romano e a "Ponte Da Fillaboa" reconstruida no s. XV que consta de catro arcos oxivais, e polo que transitaba o antigo Camiño Real que conducía a Tui. A senda pódese realizar en cualquera época do ano, a nós tocounos unha temperatura baixa e aínda estaban os campos xeados, pero a paisaxe e a comida en Portugal mereceu a pena.




No hay comentarios:

Publicar un comentario