domingo, 15 de noviembre de 2015

Ruta polo Cañons do Sil

Esta ruta iniciámola en Parada do Sil , foi  circular e maravillosa, especialmente nesta época outonal. Partimos case desde a praza do pobo e fomos por rúas  alexándonos cara ao monte nun día precioso e con boa temperatura, aínda que un pouco de néboa que xa se contemplaba nos vals e caños de Sil desde o bus.
Fomos polo camiños en filas rodeados de pastos delimitados por valados de pedras sen argamasa que parece que se manteñen de pé case por milagre, así rodeados de árbores e pastos fomos adentrámonos cada vez máis nun  bosque que parecían máxico, con carballos que empezan a perder as follas en todas as súas tonalidades e impresionantes  soutos con casstiñeiros centenarios núos enchendo todo o chan cunha preciosa alfombra de follas, así fomos camiñando enbelezado  cun entorno  sorprendente, maravilloso.
Así pasamos pola pequena aldea de Chamoso que ten as súas casas abandonadas, unha aldea perdida nun bosque encantado. Logo no camiño atopamos unha recúa de vacas que andaban pacer e a lonxe víase a néboa. Seguindo chegamos a aldea de Castro, máis grande e poboada onde está eo camping, que nesta época está pechado, case alí mesmo acercámonos ao mirador, pero a densa néboa só deixo adiviñar os curso do Sil, así e todo fixémosnos unhas fotos e agrupámonos un pouco.
Continuamos a ruta ata o mosteiro de Santa Cristina, un lugar precioso, tanto o edificio e igrexa como os arredores. A partir de aquí, houbo que volver atrás xa que nos desviámonos para visitar o mosteiro, comeza unha forte baixada rodeados de castiñeiros que aínda conservar as follas en gamas de cores, tal vez porque esta parte do monte esta máis protexido e mira ao sur; pero todo o que se baixa hai que subilo, así fixémolo  nós polo monte arriba ata Portela  por un camiño estreito e en zig zag ascendente con vistas do cañon e cho de madroños( que ricos estaban), deste xeito chegamos ao mirador das Fontiñas que ten ata unha ferbenza  que non levaba auga. A partir deste punto o camiño foi con desniveis máis suaves, visitamos tamén o mirador de Madrid, nestos a brétema xa desaparecera e deixounos disfrutar dunhas bonitas vistas sobre o río Sil. No treito restante de camiño atopámonos os últimos castiñeiros tan fermosos como os primeiros de esta preciosa ruta.













No hay comentarios:

Publicar un comentario