sábado, 10 de octubre de 2015

Ruta a Arouca(Portugal)

Esta ruta foi de fin de semana, marchamos o sábado a hora prevista e chegamos aos arredores de Arouca acercándonos ao principio ao miradoiro da Fecha da Mizarela, unha ferbenza cunha caída de auga de 60m. pero que con bo tempo tiña reducido este caudal do río Caima, desde ahí víase os vals e a serra de Freita e de Arada, unha franxa de montañas granítica que comprende tamén un geopark, con petrofrigos e varias rutas de senderismos.
Despois desta parada non moi lexos de aquí, comezamos a nosa andaina, no lugar de Merujal onde está sinalado a Vía Romana do sec.II de Viseu- Porto, que se xunta con G-28 "Camiños dos burros" un percorrido de 90 km.entorno a Arouca dos que nos fixemos un tramo pequeno. Partimos deste pequeno lugar da serra de Freita, na que descubrimos a peculiaridade dos seus hórreos cuios pilares inclinados fainos máis estreitos da base que no alto, e así os atoparemos nas outras aldeas polas que pasamos. 
Esta ruta foi variada pois fixemos  montaña no principio para adentrarnos en bosques segundo fomos baixando e pasando por camiños tradicionais e aldeas e prados separados case sempre  por vides  e parras que atopamos sen vendimar moitas delas e das que dimos conta, tamén moitos castiñeiros e camiños empedrados con pequenos vals que foron unha delicia en colorido, nótouse  o comezo do outono na cor das vides  e das árbores. O punto negativo quizás que estes preciosos lugares é que nótase como vai penetrando a plantación de eucalito nos montes dos arredores.
 Comemos no camiño nun bar dunhas das aldeas, así chegamos pola tarde xa a centro de Arouca,  acercámonos a hotel moi próximo a Arouca, San Pedro, e deunos tempo  a dar unha volta polo centro. Pola noite empezaron a soar as sirenas que anunciaban incendios nos arredores de Arouca e comunicáronnos que estaba prohibido a saída ao monte por grupos de senderistas por seguridade, ademáis esperábase temporal ao día seguinte. Efectivamente xa empezou a chover pola noite, o domingo ante a imposiblidade de facer a ruta, dedicámonos a pasear polo pobo, así visitamos o lugar coñecido como o Calvario,un emplazamento granítico con cruces e pulpito con moita personalidade e que da testimonio de relixiosidade dos pobos portugueses. Tamén fixemos compras e o mercado ao lado do mosteiro de Sta Mafalda foi un lugar estupendo. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario