viernes, 30 de octubre de 2015

Ruta do Belelle

Unha nova ruta polo entorno do río Belelle, un lugar sempre agradable e interesante para camiñar cun bosque de ribeira frondoso que se mantén ben a longo do tempo, nótase que é unha zona frecuentada pola xente, pescadores e senderistas con camiños marcados e ben sinalados.
A verdade que foi unha ruta variada estivemos por estradas secundarias desde Barreiro para buscar o río, pasamos cerca de igrexa de Cabalar rodeados en todo momento por prados verdes que parecía unha estampa feita a próposito para deleitarnos con masas de árbores que xa pintan de diferentes cores. 
Collemos o río pola beira dereita, estaba precioso, coa auga tan clara que apetecía aínda darse un chapuzón, víase moi ben o fondo areoso e as pequenas troitas, o bosque de ribeira é rico en salgueiros, carballos, castaños e algún que acivro. Fomos por este amable río rodeados de vexetación pasamos ao lado do área recreativa de Río Cuberto cambiando novamente de beira e andando cerca de muíños, a maioría, en ruínas, logo abandonámolo para pasar pola aldea de Formariz e atallar para coller a parte do río que nos levar a central eléctrica e ao canle, este tramo xa o fixeramos nunha ruta anterior, pero en sentido contrario, coa diferencia que desta vez non baixamos a ferbenza do Belelle, senón que continuamos sempre ao lado da  canle e subimos ata o camiño de Marraxón onde contemplamos as  vistas panorámicas, neste punto tivemos unha subida ata coller a estrada que  levounos a Souto onde esperábanos o bus





No hay comentarios:

Publicar un comentario