martes, 2 de junio de 2015

Saída a Lamego(Portugal)

Como tiñamos previsto o sábado 30 de maio de mañanciña sobre ás 8.00 collemos rumbo a Portugal e, a pesar da parada polo camiño, comezamos a ruta sobre o mediodía.
Deixounos o bus xusto no mesmo centro de Lamego ao lado do xardín onde inicia este trilho circular da "Serra das Meadas" de 11.4 kms, durante estes primeiros pasos fomos contemplando  xa un pouco a cidade, a alameda que continua monte arriba coa espetacular escaleira que trepa  ata chegar ao santuario do Remedios. O percorrido foi na primeira etapa  en constante ascenso pasando dos 570 metros de altitude nos  que se encontra Lamego a 850 do parque biolóxico da serra. Hai que dicir que esta primeira parte foi a máis dura do percorrido porque  o desnivel era pronunciado e foi  por zona urbana, asfalto e case sen  sombra en pleno  sol do mediodía, pero  con calma e mirando as bonitas vistas panorámicas fomos subindo lentamente ata chegar o parque biolóxico, un espazo de bosque e pinares con gran divesidade onde comimos e recupermos forzas.
A baixada foi máis agradable e xenerosa para nosas pernas, permitíndonos disfrutar do entorno, unha  parte baixa de monte que íase tranformando en leiras dispostas máis ou menos en terrazas para salvas desinveis e con todas as características do rural, muros de pedra, regatos, minifundio ...etc pero con unha gran e sabrosas perculiaridade: por todo o camiño atopamos maravillosas cerdeiras cargadiñas de cereixas que convertiu a case todos os Cen Pés en  furtivos de terra adentro.Con estas fomos pasando por Penude de Abaixo unha aldea cercana a Lamego e continuando cara a esta cidade xusto polo monte detrás do santuario do Remedios.
De volta en Lamego fomos ao hotel Lamego, inmejorable.. distribuímonos nas habitacións e uns quedamos disfrutando das instalación do hotel, a piscina e spa e outros foron a coñecer a cidade que estaba en festas e é moi bonita e antiga co seu castelo, cisterna e zona vella de gran beleza.
O domingo tralo almorzo acercámonos en bus a Samodaes en pleno corazón do val do Douro para realizar o trilho circular do "Viño do Porto" de case 7 kms. Aquí dicir que toda a ruta foi espectacular, dura porque tiña moitas pendientes de subida e baixada excepto o tramo que fixemos ao lado o río Douro, pero tanta beleza e a sombra dos camiños aliviou nosa andaina.  As vistas eran maravillosas dun val tranformado polo home para sacarlle o mellor á terra e convertir este lugar case nun paraíso onde crece non só o famoso viño do Douro senón todo tipo de árbores, pexegueiros, améndoas , olivos e moitas, moitísimas cerdeiras todas cheas de cereixas maduras nesta época do ano ata o punto inimaxinable, ¿é que en Lamego non hai paxaros?!!! habelos, hainos pero non dan comido tanta cereixa, que neste lugar da en abundancia a para todos ata para os Cen Pés. O certo é que o entre as preciosas vistas do val, do Douro alí abaixo, das terrazas penduradas e tan ben alineadas, as deliciosas cereixas fomos facendo a ruta nun suspiro por non dicir en éxtase..
Xa de volta  acercámonos en bus ata Lamego eaínda deu tempo a relaxarse e comer neste estupendo hotel e achegarnos logo ata o santuario dos Remedios e aí partir facendo a sesta. Otra saída memorable e desde aquí un agradecemento aos organizadores.


   


No hay comentarios:

Publicar un comentario