Informamos que o último fin de semana de maio os senderistas de CEN PÉS marcharemos de ruta por Portugal. A saída é de dous días, partiremos o sábado 30 ás 8.00 da maña e regresaremos o domingo 31 pola noite.
O sábado debemos levarnos a comida pois xantaremos no camiño facendo a ruta para logo ao remante cercarmos a Lamego e instalarmos no hotel Lamego. Teremos a tarde para coñecer a cidade.
O domingo despois do almorzo realizaremos outra andaina pola zona.
O prezo da saída é de 80 euros por persoa que comprende bus, aloxamiento dun día con cea(sábado), almorzo e xantar do domingo.
Recordamos levar calzado adecuado, ropa de reposto e para os que queiran bañador e chanclas pois o hotel ten piscina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario