martes, 28 de octubre de 2014

Ruta do río Belelle




Esta foi unha ruta de ribeira, a senda do rio Belelle, noutros tempos coñecido tamén Sta María ou Acua di Nida..
Comezamos a andaina nun día chuvioso que logo foi aclarando por momentos  e en xeral tivemos sorte de poder camiñar sen paraugas nin capas a maior parte do tempo polas beira deste  rio que coa súa riqueza e forza marcou a historia do lugar creando aldeas, muíños, unha fábrica textil e ata unha  pequena central hidroelécrtica.
Despois de parar en Pontedeume para almorzar na cafetería "Las Vegas" e recoller a algúns compañeiros, chegamos a Santa María e iniciamos este recorrido bordeando o Belelle. As súas beiras estaban bastante enchoupadas e en algúns tramos tivemos que facer cambios no recorrido. Pasamos por diferentes aldeas Do Cubo, Jenaro, Carrizo etc  atopando casas e leiras cuidadas, algúns muíños, tamén cruzamos  pontes sempre rodeados dun bonito bosque de ribeira e dun río que leva bastante auga e forma pequenas fervenzas cada tanto, así  pasamos por unha central e chegamos a fervenza do Belelle que estaba  impresionante, colmada de auga cunha caída de 45 m,  unha  verdadeira forza da natureza, convertida en espuma branca, chuvia fina e un forte son de agua bramando: todo un auténtico espactáculo.
Estaba todo anegado neste punto e continuamos subindo máis arriba do mirador para coller o camiño que descorre o lado da canle así ata volver a baixar e coller a ribeira do Belelle que seguía ensinándonos a súa  beleza ata completar a senda na aldea de Pazo.
Despois comemos estupendamente en As Neves cerca de Pontedeume no restaurante "Casa Toñita".

No hay comentarios:

Publicar un comentario