miércoles, 30 de abril de 2014

Roieiro de río Arnoia






Esta rota é francamente fermosa, pese a cantidade de pendentes con bastantes subidas e baixadas. A rota seguiu fielmente a descrición.
No inicio ao pasar a aldea de Escudeiros,  o camiño estaba enlamado polas chuvia caídas. Fomos adentrándonos no bosque cunha vexetación rica e poblada de carballos con gran contrastes de cores e, ao ir subindo, aparecían máis  xestas e brezo brancos, carqueixas rosas, lirios silvestres e gran número de flores,  árbores e  no alto da paisaxe, as montañas da serra do Seixival e entre elas, o río, o  Arnoia alá abaixo correndo rápido e aprisionado  nun cañón cheo de flora e árbores ata suspendidas das penas.
Desviámonos  pola  antiga canle  ata a presa de Cachón  para ver de cerca o Arnoia e dimos a volta, unha paraxe inigualable. Continuamos o camiño pero non pasamos polo muiños porque estaba anegada a zona, seguindo polo monte.
Fomos subindo contemplando a serra con todos os tonos de verdes e marróns, amarelos ata a aldea de Viso que estaba en festas e con misa na capela das Angustias. Sendereamos un pouco máis ata acabar  o recorrido no santuario de Nosa Señora do Val.

No hay comentarios:

Publicar un comentario