sábado, 26 de abril de 2014

Fragas do Eume

Tivemos un día estupendo para saír de rota.
Esta saída  xa estaba pendente para moitos de nós con ganas de recorrer este parque natural, que para outros era xa coñecido, pero que por eso mesmo non nos importou volver a el.
Nas Fragas do Eume hai moitos camiños e rotas que se poden facer, dependendo da zona que se queira visitar. Desta vez fomos desde o pobo A Capela baixando, primeiro por estada ata máis ou menos pasar a aldea de Pousadoiro, dende alí seguimos descendendo por camiños de monte onde aínda aparecen moitos eucalitos. Segundo imos acercándonos ao río (forte descenso), a vexetación faise autóctona, cun bosque de ribeira precioso cerca do mosteiro de Caveiro, no que descansamos un chisco e visitámolo.
Despois tocou subir con forte inclinación por  un sendeiro escarpado tras tanta chuvia do pasado inverno; chegando arriba houbo un despiste e uns e outros tomamos camiños distintos, uns acercámonos a antiga central hidrolóxica e outros volveron a acercarse ao río Eume para seguir o seu devalar pola marxe esquerda do mesmo  ata case a entrada ao parque desde Pontedeume, na parte da ponte colgante de Fornelos cambiamos de beira para continuar pola pista ata onde puido esperarnos o autobús. Ao final todos chegamos a destino cuns kilometros máis dos que pensabamos facer; pero sempre esta ben disfrutar dun espazo tan singular como as beiras do Eume, que esconde recodos, árbores, alfombras de musgo e penedos que miran ao río para esqueceren as zonas maís altas do monte, que parece algo extraño, feo e deprimente con tantos eucalitos. Unha pena para un lugar tan afamado que pode producir unha grande decepción ao visitante, se ademáis contamos que as rotas non están o suficientemente sinaladas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario