sábado, 19 de noviembre de 2011

Mondariz







Esta foi unha ruta de ribeira fluvial polo río Tea, unha auténtica marabilla no outono.
A saída partiu dunha zona máis arriba do centro de Mondariz-balneario por onde pasamos, unha zona coidada (pola marge ezquerda do río) para este tipo de actividade, con pontes, pasos e carteis indicadores en todo o percorrido sinalando a riqueza da fauna e da flora que vive entorno a este río, que nace no monte Moncelo e desemboca no Miño a altura de Salvaterra. 
O tempo deixounos disfrutar da paisaxe, dun río de augas limpas, transparentes, rodeado de vexetación abundante, ameneiros, carballos pero taméncastiñeiros,  abeleiras, xunqueiras.... Acercarse ao río é non deixar de sorprenderse polas súas augas que hipnotizan e calman. O seu son  e os nosos pasos vainos transportando a un paraíso de cores  e formas, os verdes dan paso aos pardos, amarelos, ocres e todas as gamas de grises que deixan a pedras da ribeira. É tan dificil  describir tanta beleza e intentar singularizala!.. só dicir, que o río se enche de moitos regatos, e as augas van baixando suaves e lentas nunhas zonas, bañando praias e recodos, e noutras partes van máis embrabecidas, apretadas entre peñas e deniveis que forman pequenas fervenzas. Así vamos contemplando un río que por momentos é ancho, lento, translúcido e por outro se entreita, faise espuma ou xoga a perderse nunha curva ou dividirse en illas para volver a xuntarse...
Deste xeito fomos paseando polo "bosque dos avellanos", cruzamos o río polos "pasos de Tatín", pasamos por algún muíño e por baixo de diferentes pontes unhas romanas, outras mentálicas para chegar á zona recreativa do concello de Mondariz e máis alá a súa praia fluvial, así ata contemplar no outro lado do Tea o descoidado edificio da "fonte de Troncoso"(que en 1862, o cura de Mondariz, Domingo Blanco Lage descobrera as súas propiedades medicinais). Seguimos o noso percorrido, pasando ao concello de Ponteareas, onde remantamos con pena na fermosa praia das Pías.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario