martes, 8 de noviembre de 2011

Chandrexa de Queixa






Esta saída a Chandrexa  foi memorable e inmellorable.
O sábado marchamos bastante puntuais de Vilagarcía e tras dúas horas de viaxe, paramos en Maceda para visitar o castelo, ben conservado e convertido hoxe nun agradable  hotel. Seguimos o traiecto e fixemos outra paradiña no recollido Montederramo para ver o mosterio e o seu claustro. De aquí fomos subindo cara a serra de San Mamede contemplando a bonita paisaxe do val que baixa ata o Sil, no que atópanse tantos mosteiros, pobos, castelos e  preciosas lugares que va quedando atrás baixo a luz do solpor .... e nós seguimos escalando ata chegar ao encoro de Queixa, coa serra detrás iluminada pola lúa. Tras cruzar o estreito paso da ponte chegamos ao noso destino, Casa Gerardo, en Chandrexa de Queixa.
Tivemos un bo recibimento, repartímonos polas habitacións e baixamos a cear, onde a abundancia e o riquísimo menú  sorprendeunos, sobre todo os  tremendos postres: flanes, tarta de manzá, figos e queixo con membrillo caseiro mmmm. Despois da cea, uns estivemos departiendo, outros cantando e bailando, e outros saíron a pasear un pouciño baixo as estrelas, sen preocupacións xa que tiñamos unha hora máis para durmir, cousas do cambio de horario.
O domingo cumprido o almorzo, comezamos a ruta un pouco máis arriba de Chandrexa, a un punto onde deixounos o autobus. Acompañounos en todo momento o bo tempo, un sol radiante que fixo o camiño máis deleitoso.
Partimos hacia As Forcadas, nun subida suave, que permitiunos contemplar as montañas do arredor e os pastizais, para adentrarnos nunha fraga por un camiño enlousado, antigo camiño á aldea  de Forcadas, apartada e adicada ao cuidado do gando, cunha bonita igrexa e cemiterio. Continuamos a nosa ruta pola fraga dos Zopos, escoitando o rio Grande que ía máis abaixo ata chegar a Requeixo unha pequena aldea, que tiña muiño e ponte. Seguimos camiñando por camiños empedrados xa de volta ata As Forcadas, de aí por pista baixamos ata coller o autobus, algúns andiveron un anaquiño máis e tamén pasaron por Bretelo ata Chandrexa, onde nos esperaba un suculento cocido e lacóns.
Desta vez, todo saiu perfecto e todos quedamos agradecidos polo trato en casa Gerardo, polos organizadores da saída e porque pese ao incendios de semanas antes, non encontramos tanta superficie queimada como esperabamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario