miércoles, 20 de abril de 2011

Parque natural Peneda Gêres

A próxima ruta será o domingo 8 de maio. A saída desde a igrexa parroquial de Vilagarcía ás 8.00 da mañá.
Percorrido: 10 Km.
Dificultade: media.
Comezaremos a ruta Mezio, pasaremos por Soajo e Lindoso, é unha senda variada, de montaña pero con pobos e outras curiosidades por visitar como os "espigueiros" , en galego, hórreos, e en Lindoso o seu castelo do século XIII de construción defensiva.
Pararemos para coñecer algúns lugares interesantes da zona como ven sendo habitual, por exemplo en Soajo ou en Arcos de Valdevez.
A comida como non podía ser doutro xeito indo a Portugal consistirá en bacalao no resturante "Lindo Verde".
O prezo da ruta é de 25 euros.
Recordamos que o Parque natural de Peneda Gêres, está no noroeste de Portugal e foi nomeado así en 1971, ten forma de ferradura e consta de 702.9 km cuadrados distribuidos por varios concellos e comprende tres grandes serras: A Peneda, a Amarela e Géres, todas estas montañas surxiron fai 380 ou 280 millóns de anos e son de masa granítica pero con vetas doutros minerais como o estaño, o tungsteno, molibdeno e o ouro de aí que existan minas para a súa explotación.
O Parque está regado por unha rede hidrográfica formada por encoros, fervenzas, regatos e ríos como o Cávado, o Lima, o Homem, Rabagao, o Castro Leboreiro e o Nado. Por todo esto a súa vexetación é exuberante e variada nos vals, nos que pódese percibir as pegadas da súa orixe glacial nalgúns deles. E importante a abundancia de carballos, acivros, laurel portugués, texos etc. A fauna tamén ten importancia nesta zona, aínda que aquí desapareceu fai tempo o oso, sí vemos a cabra montesa, as nutria, ardillas, serpes, águias, pobo ibérico etc


Un lugar marabilloso, digno de visitar e recorrer.

1 comentario:

  1. esto promete e o bacallao moito mellor, a ruta ten moi boa pinta, esperemos coma sempre bo tempo para disfritar delha, vemonos, Miguel

    ResponderEliminar