viernes, 12 de marzo de 2010

Camiño de Santiago- 1ªEtapa:Cebreiro-Triacastela



Comezamos o Camiño de Santiago o domingo 7 de marzo. Subimos previamente ao Cebreiro que estaba precioso todo nevado, achegámonos á igrexa para cumplir co sellado da "Credencial compostelana", fixemos a paradiña habitual no bar "Carolo" para tomar o café e encargar uns queixos. Logo o autobús levounos uns 3 kms máis baixo. A saída foi dende a escultura do peregrino, onde fixemos a foto de grupo.

Na primeira parte do camiño disfrutamos da presenza da neve, creo que a todos nos entusiasmou, pero segundo fomos baixando deu paso a unha chuvia non moi forte que se mantivo o resto do camiño. Pouco antes de chegar ao cruce para Lourezán deixou de nevar aínda que contemplabamos ao lonxe a neve nos montes.

A chegada a Triacastela foi escalonada: os primeiros estiveron sobre ás 14.00, os últimos sobre as 15.30, se non me confundo; non estivo mal xa que saímos sobre ás 11.15 h. e o recorrido foi de 17 ou 18 km.

Unha pena que as nubes baixas e a chuvia non permitisen distinguir a bonita paisaxe e os pobos do arredor como quixesemos. Resaltar esa vellíña que ofrecía filloas a cambio da "vontade" e o feísmo tan presente nas construcións populares, unha pena!!! quedanos moito aos galegos por facer neste terreo e a nós por camiñar...

A seguinte etapa é o próximo domingo 14 de marzo e a hora de saída e ás 7.00 dende a parroquial. Recordar que en todas as saída do Camiño temos que levar cada un o seu bocata ou parar a tomar algo no bares ou albergues que atopemos.
A tódolos que lles interese ter fotos da ruta a partir de agora teñen que entregar a súa dirección de correo electrónico para mandarlles unha invitación a un álbumweb desde onde se poderán descargar e guardar as fotos e asemesmo subir tamén as que teñan e desexen compatir.

2 comentarios:

  1. este dia fue impresionante con la nieve

    ResponderEliminar
  2. non coñecemos galicia e imos a republicas, quedanos moito por recorrer na nosa terra, animo os organizaores que teñan moito animo e nos que os empuxemos coa nosa axuda, vella a coñocer galicia que e o millor da terra "AUPA CEN PES"

    ResponderEliminar