domingo, 23 de abril de 2023

Ruta da Auga de Zas (23 de abril)

 O domingo 23 de abril, saímos cara ao concello de Zas para realizar o percorrido PR-G 250 ruta da Auga de Zas, unha ruta nova e moi ben sinalada, sen confusión para os senderistas. 

Foi unha ruta  circular, fácil de 10.5 km ampliable a 15 km. O inicio comenza cerca da aldea de Ponte de Sisto, e rematamos onde empezamos.  Camiñamos  por unha ruta  moi bonita que discorre en todo momento o lado de ríos e sembra de muiños e con tres fervenzas. Tras pasar a aldea de Budián, está a primeira, tras a aldea de Parga está a segunda, co mesmo nome e a última é a de Rabiñoso.

Unha ruta que descorre por sendas recuperadas de tempos pasado e  con moita vexetación, fentos e árbores de ribeira e carballos  e como non con pontellas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario