domingo, 3 de noviembre de 2019

Faro de Louro(Muros)

O grupo de Cen pés partiu a Muros o domingo 3 de novembro para senderear pola consta de esta ría.
A saída fíxolle ao revés do que sen pensaba, porque se esperaba chuvia ao final da ruta  e era mellor estar xa cerca da zona urbana de Muros.
Partimos desde a praia de Lariño, deixando a dereita a praia e o faro, esta praia é concurrida polos surfistas. Pasamos por diante da entrada do camping Ancoradoiro, dos primeiro camping de Galicia, frecuentado por extranxeiros, cruzamos a punta de Ancoradoiro, os apartamentos e a pequena praia parabaixar a praia de Area Maior, e disfrutar da contemplación do mar e a lagoa á vez, un lugar precioso coa vista do monte Louro.
Bordeamos parte da lagoa e a enorme duna que parecía avanzar hacia ela e fomos camiñando entre o monte e o mar entre vexetación, árbores, e granito, moito granito con diferente formas, e sorprendentemente con restos de muíños de vento, que estaban a maioría deles ruinosos e abandoados.
Ao chegar a praia de San Francisco, zona urbana tomamos a senda do monte separándonos da beira do mar e contemplando as vistas altas desta ría. Así chegamos a Muros e efectivamente ao final do traiecto choveu.





No hay comentarios:

Publicar un comentario