martes, 15 de enero de 2019

Ruta río Maneses( Campo Lameiro)

Esta ruta é circular: O bus deixounos na estrada e baixamos ata río para incia a ruta onde hai unha ponte, a que volveremos ao rematar.
Así pois comezamos a andar na beira do río Maneses nunha mañá sen chuvia con moito frío e campos    brancos pola xeada. O río tiña unha certa bruma. O Maneses é  bulideiro, corre balarín con augas limpas e unha vexetación de ribeira  variable con prados e sobre todo  un bosque  exuberante cheo de árbores cobertas de musgo  (ata as raíces que sobresaen da terra o tiñan), de fentos, etc...A senda  pasa o lado de moitos muíños abandoados, en diferentes estados de deterioro, nun  sube e baixa entre as follas caidas das árbores, cruzamos varias pontes sobre o río  e chegamos a área recreativa de Lodeiro, onde se xunta co Lérez. 
Fomos un tramo de percorrido ao lado do Lérez nun senda máis despexada xunto a un río máis amplo e tranquilo. Chegamos ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, fixemos unha paradiña, pero non entramos para continuar e volver as ribeiras de Maneses.
Esta preciosa ruta, que non ten problema ningún, está dentro da Rede Natura 2000 como espazo protexido polo seu valor ecolóxico e paisaxístico. E merecente de repetir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario