viernes, 1 de junio de 2018

Saída a Cantabria (sábado-domingo)

O sábado realizamos a ruta máis bonita desta saída, estaba pensada para ir de Sotres a Poncebos, pero as cerradas curvas da estrada inpediunos chegar ata Sotres polo tanto  o bus só poido levarnos ata Tielve e desde ahí acercáronos en taxis ata o punto de inicio: unha curva moi pronunciada; desde alí subimos  coa montaña en frente para logo baixar cerca do rio Tejo que únese logo ao Cares. Alí arriba fomos nunha primeira parte por un camiño fácil atopando cabañas para o gando (invernales), con  lixero sube e baixa ata chegar ao  Collado de Pandébano, unha braña enorme onde pacen as vacas,  é o punto máis alto 1200m, desde o que contémplase a beleza destes picos. A segunda parte, de  baixada hacia Bulnes foi máis complicada por senderos estreitos con moita pedra sola, a diferencia de entre unha e outra é grande, de ver os picos desnudos pasamos a contemplar unha  montaña  repleta cunha exuberante vexetación e arbolado.
 


 
Descansamos e comimos en Bulnes ao que se pode chegar en funicular. A maioría de nos seguimos baixando pola fermosa garganta do curso do río Bulnes o Texu, este desfiladero impresionante con fortes pendentes, que pode ocasionar algunha dificultade as persoa con vértixe, é coñecido polo Canal de Texu, en realidade é un glaciar natural que vai do Urriellu a Poncebos, e ata o 2000 foi a única vía de chegar a Bulnes.
Por tarde deixamos Potes, paramos polo camiño para  ver máis de cerca o Pico Urriellu iluminado coa luz laranxa do solpor, de aí que sexa nomeado polo "Naranjo". Acompañounos no bus esa sensación de despedida camiño a Canga de Onís. Aloxámonos no centro e fomos a pasear un pouco antes da cea.

O Domingo despois do almorzo aproveitamos para visitar a mercado e feria con productos locais e facer compras. Logo visitamos os lagos de Covadonga, como deferencia a pericia de Eusebio deixáronos subir no noso propio bus.
 As vistas dos lagos coas montañas aínda con neveiros e neve nos cumios e o prados foron realmente preciosas. Tras este paseo, só quedou xantar e facer o camiño de volta cunha paradilla en Cudillero. 
Uns días memorables con marabillosas rutas e paisaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario