sábado, 20 de enero de 2018

Ruta a Riveira- praia do Vilar


Neste inicio de ano tivemos moita sorte co tempo, xa que a pesar dos días tan chuviosos que precederon, neste domingo aínda que amaneceu anubrado foi clarexando e tivemos un sol estupendo na nosa ruta que comezamos en Riveira.
No primeiro tramo foi de subida ao monte  do Castro e pasamos polo bonito parque de San Roque e o seu mirador desde o que se contempla Riveira e a ría de Arousa,e un lugar moi recomendable para estar con reproducións de un dolmen, pallozas, pombal  e outos elementos, unha área recreativa agradable.


Continuamos e seguimos subindo para pasar polo mirador da Ra que mira ao mar aberto desde o que se contempla toda a costa da praia de Vilar e Corrubedo coas dunas e as lagoas de Vixán e Carregal, un lugar  impresionante. Seguimos o percorrido polo monte para ir baixando ata a praia do Vilar que estaba preciosa coas ondas e o mar picado, fomos indo polas pasarelas de madeira ata o centro de información do espazo da praia do Vilar e Corrubedo, e de alí pola costa e atravesando a aldea de Vixán,  achegámonos ao mirador da lagoa do mesmo nome que estaba chea de auga, unha bonita zona de marismas e xunqueiras; un pequeno recorrido de 5 km ida e volta desde a praia do Vilar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario