lunes, 27 de marzo de 2017

Ruta Sistelo-Arcos de Valdevez

Desta vez empezamos a ruta con chuvia desde o pobo de Sistelo. Normalmente esta ruta faise en sentido contrario, desde Arcos de Valdevez ata Sistelo que son sobre 21kms.
Nós fixémola ao revés e máis curta, sobre uns 11 ou 12 kms.
Partimos do adoquinado pobo de Sistelo, pequeno e precioso, coa súa igrexa mirando ao río e aos socalcos que fixeron os seus ancestros para poder traballar estas terras de montaña. Tomamos unha corredoira empedrada  que baixa hacia o Vez, coas marcas das rodeiras dos carros gravadas nas pedras. Pese a chuvia que convertiu o camiño en regato, móstrase unha  paraxe impresionante, rodeada de prados, monte arbolado e o río.
Cruzamos o  Vez por unha ponte medieval e seguimos o seu curso por sendas de ribeira e pasarelas que elévanse pegadas á montaña e permiten seguir disfrutando sen dificultades dunha paisaxe inigualable: un mundo de vexetación e auga.
Máis adiante, xa sen chuvia, case sin sentir como o discorre do tempo, este río xoguetón e ruidoso faise máis sosegado e aparecen os muíños, outras pontes, outros socalcos, a aldea de Cabreiro, os pasos para cruzar o río, a area dunha praia...así chegarmos a Vilela nun suspiro con pena por rematar esta preciosa ruta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario