martes, 17 de enero de 2017

Ecopista Valença-Vilanova da Cerveira

Comezamos esta ruta na ribeira mesma do río Miño nunha mañá fría pero despexada con sol alto no ceo que invitaba a camiñar; subindo o río cara a Vilanova da Cerveira fomos por esta  ruta amable, nada esixente para nosas pernas só un pouco monótona por momentos, pero ben habilitada con pasarelas de madeira e camiño asfaltado que  faina accesible a todos os públicos, as biclistas, familias, paseo con cans, etc.
O día invitaba a camiñar pero non pola pasarela de madeira que estaba conxelada ata que non lle dera os raios do sol e parecía máis para patinar, percorrimos cerca das casas alternando aldeas, campos prantados con millo ou prados, pequenos portos pesqueiros coas súas barcas de cores, como do de Sao Pedro da Torre con portos deportivos, merendeiros e zonas de esparcimento, algunha praia, e pequenas pontes, a maioria  de madeira ou unha con corte medieval, para salvar os diferentes afluentes do Miño. Unha ruta sinuosa con árbores de ribeira e un río que amplo, ancho cheo de vida con diferentes tipos de aves, patos, ata traineras e doutro lado.... Galicia a golpe de remo coa mesma paisaxe que deste lado, unha paisaxe bonita e tranquila, non cabe dúbita,a pesar da intervención do home no trazado.
Ao final da ruta tras chegar a entrada de Vilanova de Cerveira, uns decidemos subir andando monte arriba ata o miradoiro do Cervo, e outros foron no bus.  O mirador é  un lugar dende oque  se contempla unhas vistas panorámica espectaculares. Os que subimos pola  empinadas escadinhas da Encarnao, só chegamos ata a capeliña tamén  cunhas vistas preciosas sobre o Miño.
Rematamos comendo en Caminha moi ben cerca da fortaleza.











No hay comentarios:

Publicar un comentario