viernes, 11 de noviembre de 2016

Ruta por Ribeira Sacra

Esta ruta como outra que tamén fixemos pola Ribeira Sacra foi unha ruta moi bonita e de altura, xa que chegamos ao miradoiro do Duque e máis arriba ao miradoiro de Pena deo Castelo, contemplando todo o río.
Partimos tras o almorzo coma sempre, saímos desde a aldea de Doade, parroquia de Sober, pronto pasamos con zona de montes rodeadas de prados para o gando, por camiños bordeados de muros feitos aquí con tanta  maestría sin levar argamasa ou pedra pequena, só a rocha ou laxas de pizarra ben colocadiñas, pasamos por aldeas, Francos e Os Palleiros no que as laxas de pedra dos muros eran enormes. A ruta foi descorrendo  na primeira e última parte por monte, carballeiras e soutos con castiñeiros centenarios e espalladas outras árbores, desde o  madroño (que estaba co fruto en comida),  acivros , sobreiras e piñeiros acompañadas de vexetación baixa que hai en todos os bosques galegos.
Segue cautivando eses camiños boreados de carballos ou castiñeiros que dan sombra ao viaxeiro e deixa contemplar os prados con  eses rulos de herba  ben recollida. Toda a paisaxe nos di que, aínda do paso do tempo e  costumes, os muíños caídos, a terra nesta zona  séguse  sacándoselle partido: aí está esas montañas transformadas en terrazas sembradas de viñas de mencía, todas ordenadas e coidadas, mentras río Sil, convertido en encoro descorre alí embaixo coma sempre, serpenteando entre estas terras  pintadas con todos os colores do outono. Esa parte maravillosa da ruta foi a que disfrutamos ao  chegarmos ao miradoiro do Duque e de alí todo o camiño entre viñas ata subir  ao miradoiro do Pena do Castelo que é o punto máis elevado coa súa pequena ermita: simplemente impresionante.










No hay comentarios:

Publicar un comentario