jueves, 22 de septiembre de 2016

Minas de San Finx

Con esta ruta polo concello de Lousame iniciamos novamente as andainas de Cen Pés que con tanta calor tivemos que ir retrasando. 
Lousame é para nós territorio coñecido, sempre contando coa colaboración dos guías que fixeron a ruta con nós e déronos as explicacións da antiga mina, dos lugares e do actual museo reformado onde foran vivendas dos traballadores e máis tarde os talleres mecánicos e de madeira e actuamemte son as salas de exposicións des museo das Minas de San Finx.
As minas de San Finx, empezaron a explotarse a comenzos do século XX para obter estaño por propietarios ingleses, que foronas pasando de uns a outros, aínda que existen restos de que xa na antigüedade debeu ser traballada, pero a etapa máis expansiva coincide cos anos 40 coa 2ª guerra mundial e a extracción do wolfram, mineral necesario para o endurecemento do aceiro.
O certo é que as minas xunto  coas fábricas de papel marcaron a vida económica do concello en épocas de miseria e fame e non cabe dúbida que tamén a morfolóxia e conservación da paisaxe e da natureza.
Nós fomos testigos desto, a ruta levounos por diferente paraxes, nun principio por zonas de bosque e regatos, cruzamos o río, adentrámonos por carballeiras e camiños bordeados de castiñeiros que xa deixaban caer os seus erizos, pasamos por campos sembrados de millo aínda sen recoller, deste xeito fomos ascendendo polo monte, canto máis próximos as minas a paisaxe foi cambiando (deteriorándose) pasando de plantacións de piñeiros a eucalitais para explotación madereira, subimos directamente por cortafogos e contemplamos os restos das construccións das minas, da escombrera de lonxe, así chegamos o museo e visitamos as instalacións. 
A parte máis agradecida desta ruta é o principio e o final, desde o cumio do monte contémplase as bonitas vistas da ría de Noia. O que non cabe dúbida é que este día percorremos un trociño de historia de Lousame e de Galicia.

 






No hay comentarios:

Publicar un comentario