jueves, 21 de julio de 2016

A Garda- Sta Tegra

Comezamos esta ruta desde o porto de A Garda, un pobo moi bonito que conserva a súa esencia mariñeira pese a evolución dos tempos, a brutal urbanización desordenada dos pobos costeiros e a moda dos paseos marítimos.
Nós collimos cun tempo bo, pero  con nubes ao lonxe, ese paseo marítimo e continuamos pola pasarela de madera  a senda  entre piñeiros seguindo a costa  e entrando no esteiro do Miño; así fomos  pasando por praias como a da aldea de Muíño, desde onde vese Portugal tan preto, ao outro lado coa súa contudente fortaleza  que está na illa de Ponta da Ruiva defendendo o esteiro do Miño.
Non deixa de sorprender o bonito do paseo, pese a ser unha zona tan visitada e explotada turísiticamente, seguimos llaneando ata chegar a parroquia de Camposancos, alí fomos ascendendo, pasando pola casa dos visitantes e a igrexa diante da que oscansamos un pouco,  agrupámonos e tomamos folgos para seguir coa parte máis dura do percorrido: a subida a o monte Tegra.
Collimos polo Camiño do Carro ata o Outeiro do Lobo, un miradoiro espetacular onde contémplase todo o esteiro do Miño e os arredores, pero no ascenso o camiño vai virando hacia o mar e vese como a serra de Groba remata nunha aba moi empinada ante o Atlántico, unhas vistas panorámicas espetaculares que ven merecen o esforzo realizado. Así fomos chegando a máis de 326 m , que é a altitude  do Castro de Sta Tegra, desde 1931 está declarado como Monumento Histórico Artístico e do que está excavado unha mínima parte, está ubicado nunha zona máis baixa e protexida con respeto ao cumio. Desde logo a vistas desde a parte máis elevada do monte son impresionantes, belísimas. Alí mesmo xantamos no restaurante con esta panorámica de privilexio.







No hay comentarios:

Publicar un comentario