viernes, 25 de marzo de 2016

Malpica- Punta Nariga

Despois de deixarnos no porto de Malpica e almorzar no mesmo pobo, iniciamos a ruta na praia Malpica  e continuamos onde termina o paseo marítimo subindo pola costa e contemplando a praia de Area Maior desde o alto. Seguimos neste día que amenazaba chuvia ascendendo polo mesmo camiño costeiro que usan os romeiros que levan o Santo Hadrián da igrexa parroquial ata a ermita de Santo Hdrián do s.XVI entorno o 16 de xuño.


 Pasamos pola espectacular praia de Seaia contemplando este precioso espazo onde dícese que aí está a pegada do santo que esmagando  unha  serpe contra as rochas librou a esta comarca  dunha praga de serpes,  así contao a lenda.
Seguimos e pasamos por diante da fonte de Navenllo,e a da ermita, unha fonte milagreira a que acuden para sanar as verrugas, así despois a xente  ten por costume pendurar os panos mollados das ramas das árbores.
Pouco máis arriba encóntrase a ermita cun mirador sobre as illas Sisargas, que en este día tan luminoso por momento e tan venteado lucen maxestuosas co seu pequeno peirao e o seu faro.




Baixamos e acercámonos máis as Sisargas e a costa que está impresionante con tantas ondas brancas batendo contra os cantís. Vemos pequenas calas e incluso un porto natural que chaman "o portiño" e algunha que outra furna, pero o que máis sorprende e a cor do mar que vai do azul intenso ata a turquesa que rodea as praias, un mar que termina nun movemento infinito de escuma, o ruido do mar e o ruido do vento que non cesa e  limpanos  todo, o corpo e a mente, porque non cabe pensar nada, só ver e sentir.
Con estas sensacións andabamos co mar a dereita e a esquerda o monte.
Así chegamos á praia e pobo de Beo onde collemos o bus na estrada e  entón empezou a chover forte, pero deunos tempo a achegarmos ao faro de Punta Noriga,  unha obra  contundente de César Portela.
Fixemos  menos dos que pensabamos, pero ben disfrutados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario