viernes, 20 de marzo de 2015

Serra da Arga







Este recorrido chamado o "sendeiro de Chá Grande" comeza na Igrexa de Arga de Abaixo, para chegar alí subiunos  o bus pola unha estrada na que fomos vendo a  serra de Arga e ao val de Cha Grande cunhas vistas panorámicas estupendas. 
Empezamos a ruta en Arga de Abaixo, cruzamos o pobo entre casas, hórreos e prados e cultivos en terrazas para aproveitar o desnivel do terreo, fomos ascendendo primeiro por sendeiro e logo por un antigo camiño empedrado de carros que deixaron as pegadas no chan.  O espetáculo é a cantidade de masa granítica, pedras e pedras, montañas de pedras en distintas formas e proporcións, así chegarmos arriba,  unha zona máis aberta  con  pista para acceder os aeroxeneradores que instalaron na parte máis alta da serra(700m.), desde aquí comtemplamos todo o val e incluso a costa con Camiña ao lonxe; seguimos o noso recorrido e paramos un pouco no Alto da Fonte da Urze, onde nace o río Áncora e dende se contempla os prados nos que pasta o gando libremente, cabalos, ovellas ...a partir daquí imos baixando serpenteando por un camiño de laxas e rochas,  chegamos aos muíños de Covao e atravesamos Gándara e seguimos ata outra vez entrar en Arga de Cima por diante da fonte Salgueiriña. Unha ruta maravillosa para os que lle gusta a montaña acompañada dun día estupendo. Ao rematar volvemos e pasamos a tarde en Camiña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario