domingo, 7 de diciembre de 2014

Ruta por Valença: Trilho do mosterió






Unha ruta bonita nun día estupendo, que máis se pode pedir!!
Iniciamos a andaina desde a igrexa de Cerdal, cruzamos o pobo entre casas e fincas adicadas ao viño e a horta cara ao monte que tiña unha vexetación variada, atopamos algúns regatos e o río. Fomos collendo cada vez máis altura pouco a pouco e pasamos por diferentes aldeas ben cuidadas con boas casas señorais como a casa blasonada de Cubes e tamén por Aldete e Gondím cun bonito lavadero. A pendente ía a máis e segundo subíamos, víamos todo o val. Pasamos por diante do club de parapente que estaba pechado e chegamos a fervenza de Grova, que serviumos para descansar un intre e agruparnos. De aquí aa Mosteiró foi un breve tramo. Aí nesta ermita e o que foi primeiro mosteiro benedictino de Portugal fixemos una foto de grupo e contemplamos as fermosas vistas panorámicas do val coas súas poblacións diseminadas e rodeadas de suaves montañas. Despois fomos baixando por vellos camiños que levan a xente en peregrinación a Mosteiró, en Bacelar atopamos a capela de Señora da Ajuda e volvemos outra vez a Cerdal.
A sensación que queda despois de facer a ruta é satisfación e tranquilidade porque sen ser un paisaxe diferente o galego, no monte e arbolado, nos camiños de pedra e as fincas separadas por valados de granito, algo en cambio era distinto, tal vez algo máis ordenado  nas disposicións das casas e aldeas, sen feismo, abandonos, ou deterioro. Tal vez niso radique o maior encanto, e esa sesación de que "aquí todo está ben coidado", niso e na cantidade de caquis sen follas que tiñan pendurando das ramas as froitas de intenso cor laranxa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario