miércoles, 24 de septiembre de 2014

Costa Ártabra

Esta foi unha ruta estupenda cun día envidiable.



Marchamos a hora prevista e tras almorzar acercámonos ao lugar de Espiñeira onde un membro da Asociación Montaña Ferrol presentouse e explicounos un pouco como ía ser a ruta creada, mantida e sinalada por eles cunha dobre frecha amarela e violeta. Esta ruta, que estaría en todo momento moi ben marcada, forma parte dun percorrido de 50kms arredor de Ferrol, nós fixemos sobre 14 kms, case todos mirando a costa Ártabra que é moi bonita.
Saímos de Espiñeira cara ao monte, unha forte subida que indo a modo levouse mellor, así ata o coto da Lagoa, pasamos ao lado do antiguo cuartel militar de aviación, que nunca chegou a estrearse, (información de primeira man, da nosa compañeira Maricarmen, filla do guardés), chegamos a zona máis alta desde onde contémplase toda a costa, a ensenada  de Covas, alí relatounos o compañeiro de Montaña Ferrol, todos os lugares e detalles destas terras, da igrexa de Sta Comba ata da serra de Faro, da que se pode chegar a ver os Ancares nos días máis claros, etc..
Logo desta pequena parada continuamos baixando cara á zona de despegue de parapentes, pasamos diante das primeiras casas e chegamos a praia de Ponzos que é unha preciosidade, larga cun mar azul e unhas ondas das que disfrutan en esta época sobre todo os surfistas. Fomos paralelos a praia ata o final onde están as illas coa capela de Sta Comba, continuamos baixo o sol un pouco abafados. pasamos por diante dun antigo campo militar de tiro  e pasamos á praia de Vilar, así seguindo as frechas en todo momento  fomos recorrendo a costa cunhas vistas impresionantes. 
Despois de comer moi ben, fomos a dar un paseíño por Ferrol, na parte vella onde  hai exemplos de casas moi bonitas e doutras  moitas que están por desgraza caendo sen remedio.
Desde aquí queremos expresar o noso agradecimento a Maricarmen que fíxonos de guía e preséntounos a Montaña Ferrol, ademais recoméndounos o restaurante máis apropiado para xantar: todo un pracer estar polas súas terra.

1 comentario: