miércoles, 21 de mayo de 2014

As Arribes do Douro















Saímos o venres á hora prevista con bo tempo e moitas expectativas. Fixemos unha parada técnica dunha hora na Guidiña e seguimos a viaxe, pero detivémonos un momento a contemplar o xigantesco encoro de  La Almendra que retén ao río Tormes que encherá  as augas do Duero, todo un mar de auga.
Chegamos a Villarino de los Aires sobre as 9.30. Do albergue dicir que non estivo a altura  nin nas comidas nin organización, unha mala experiencia que de todos los xeitos non nubrou a nosa estancia en Villarino, onde nos acercamos á noitiña a celebrar  a chegada no centro do pobo.
SÁBADO
O sábado pola mañá marchamos ata Masueco para facer a baixada ao Pozo dos Humos, un mirador impresionante  cunha fermosa ferbenza que nesta época  non leva tanta auga. Xa de camiño no bus, fomos tomando contacto co río encaixado e as montañas. Unha paraxe variada desde Masueco ao Pozo. 3.5 kms que sae da praza da igrexa por camiño rodeado muros de pedra e de vexetación, de diferentes tipos de árbores, entre fincas con cerdeiras a punto de madurar, olivos centenarios, castaños e madroños,  desde onde se escoitaba o cuco en un ir e vir. Segundo fomos baixando a sombra que caía no camiño desaparecía e daba paso a un sol brillante que inundaba todo, as flores, as papoulas, as montañas, as furnas e o río alá embaixo.
Todo o que baixamos, subímolo, cruzamos Masueco e continuamos cara a Aldeadávila, refrescándonos a base de cereixas. De Aldeadávila o bus acercounos ao mirador chamado"Picón de Felipe" tivemos que recorre un  pequeno treito para acadar o mirador, un lugar espectacular moi elvado(328 m.sobre o nivel do mar) que deixa disfrutar dunhas vistas inigualables dun Duero retido na presa de Aldeadávila e sobrevoado por águias reais: todo un deleite.
Pola tarde adicámola a visitar o pobo de Vlllarino,  ao mirador da Faya que esta na parte traseira do pobo e a bodega de Amable, unha bodega  do século XVI ou XVII; logo fomos ao museo do viño, onde nos explicaron a súa historia e elaboración e a continuación unha degustación.
Polo noite máis festa por eso da despedida.
DOMINGO
Tras o almorzo, divímonos en dous grupos, os que visitaban Fermoselle e os que preferían ir de ruta.
 Para os que foron a Fermoselle, este é un pobo histórico e bonito que mereceu unha visita.
Os que fixemos a ruta, cruzamos Villarino para facer a ruta circular sobre o río Douro e os bancais.Un percorrido precioso que fixemos primeiro por pista, logo porcamiño ao chegar a Ambasaguas e máis logo por senda. Segundo íamos acercándonos ao río, cada vez era máis bonito. En Ambasguas xúntanse os dous ríos Tormes e Douro, e alí vese o cerca que está a presa de Bemposta, pois  o río fai de fronteira con Portugal. Este lugar é moi agradable e dispón de resto de muíños e zona recreativa. Nos continuamos a senda pola marxe española e fomos ascedendo cada vez máis, camiñando entre bancais abandoados, que manteñen a súa estructura, pero cheo de herbas en lugar de cepas de viños coma antiguamente.É unha pena e unha sorpresa á vez; sorprende recoñecer tanto traballo e sabiduría para facer de estas montañas un terreo practicable e produtivo nunha época carente de medios, unha pena ao pensar que só o 30 % destos bancais adícanse para o que foron concebidos. Seguimos a senda con algún pequeno percance porque a rota non está limpa e era insegura, pero aliviados polas vistas do arredor e polo aroma do camiño que  facían levar mellor o duro do sol. Aínda así todos chegamos outra vez a Villarino de los Aires onde o río Duero xoga nun precioso meandro deixando á vista un espazo insuperable.
 E entón comprendes por qué Villarino é "dos aires", porque está colgado ao vento mirando o río e a el acuden as anduriñas que deixan os niños para volver ao ano seguinte, oxalá nos  tamén volvamos.
Con toda estas vivencias marchamos de volta, parando en Vilanova de Douro e en Verín.

2 comentarios:

  1. Buena entrada! Describe exactamente cómo fue el fin de semana. ¡Y habrá que repetir para mejorarlo! Saludos

    ResponderEliminar
  2. Me ha encantado compartir con vosotros el viaje, el camino, el sol....y los gintonics!!!!!! Seguro que saldrán preciosas fotos. Y sorprendente la visión poética de nuestra cordobesa. Una artista!! Gracias por un relato tan bien escrito y con tanta sensibilidad.

    ResponderEliminar