miércoles, 26 de febrero de 2014

Sendeiro de Visantoña







Unha saída estupenda, uns 14 kms andando entren pistas e camiños rodeados dun manto verde inigualable, prados e prados rematados entre ringleiras de árbores que nos sinalaban unhas veces un camño e outras o descorrer dun regato ou un río, unha paisaxe que é un vaivén de pequenas pendentes ao lonxe, de lomas que baixan suaves ata a seguinte, pastos que se superpoñen uns a outros con gando: marelas, rubias ou pintas, sempre vacas galegas cheas de leite.
Partimos de Visantoña, aldea totalmente agrícola, desde a praza e marchamos con esa  alegría de disfrutar dun día sen chuvia, que permite estirar as pernas sen capas nin paraugas e un frío facilmete  soportable, camiñando con ilusión por ver e descobrir un lugar novo, unha nova senda que non nos defraudou.
 Ben se ve que  esta é terra traballada de anos, que as tareas do campo son antigas, por aquí son profesionais de vivir da terra, pero a diferenza do pasado, agora parece que vailles mellor, casas dignas con alpendre moitas delas, e iso faime sentir ben.
Pasamos por aldeas, diante o pazo de Vilar de Ferreiros, creo que transformado en hotel, cerca de mámoas e muíños do Tajo, xa derrubados, que nos falan do paso do tempo e de formas de vida idas...pasamos ao lado deste regato, o noso "Tajo" ,que como moitos outros que por aquí baixan con máis ou menos auga, todos terminan indo a parar ao encoro de Portodemouros, coma nós que boreámolo ata a desviación  que leva ao  "ferri" que  cruza o encoro, para logo dende aí subirmos novamente e volvermos ao punto de partida, sen deixar de contemplar  todos os arredores e a  enorme illa no medio de tanta auga ....
Comemos en Melide no Ezequiel, ¡que rico! ese polbo e boa comida ...e a volta fixemos a dixestión, acercándonos a fervenza de Toques, un lugar que merece a pena visitar sempre, e máis agora no que o caudal do río Porto baixa abundante nesta fervenza que presenta 40 m de caída, espectuacular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario