lunes, 20 de enero de 2014

Arteixo- Caión








Empezamos esta ruta en Arteixo, xusto cerca do punto de Turismo, e collemos o paseo fluvial que descorre pola ribeira do río Bolaños, onde encontramos unha ponte romana,"Ponte dos Brozos", xa que  por aquí pasou unha antiga vía romana, a XX, que chegaba  tamén a  Laracha. Cruzamos a estrada que vai ao polígono de Sabón e chegamos a marisma, Rañal e a praia de Sabón onde desemboca este río.
Seguimos polo paseo marítimo que une a praia de Sabón coa de Barrañán e pasamos polo lugar onde está  o "Catalejos" para oir o mar.
A mar estaba revoltosa con preciosas olas de espuma branca. Un bonito recorrido contemplando unha praia detrás de outra,  a da " Ucha" a da "Vaca" , da "Combonzas". Logo pasamos por zonas máis urbanas e tomamos cara ao interior, recorrendo algunha aldea para finalmente   cruzar a estrada que baixa a Caión e  subir ata a capela dos Milagros, onde finalizamos esta ruta e desde onde pódese disfrutar dunha vista magnífica de Caión, ao que nos acercamos un momentiño  para logo volver a Arteixo, lugar no que comimos no restaurante "Mela", moi ben por certo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario