jueves, 2 de mayo de 2013

Pontes do Lérez






Partimos desde terreo coñecido: o mosteiro de Aciveiro.
Baixamos pola parte de atrás da igrexa e pasamos pola aldea de O Cotiño para coller o río Lérez e seguir pola súa ribeira durante parte do percorrido.
A primeira parte desta ruta ata a ponte de Andón xa fixémola noutra ocasión, sen embargo parecía distinta,  moito máis verde, cun musgo largo e mullido que colgaba das pedras, árbores, muros, tellados dos muíños...e  tantos muíños hai nesta ruta que foron díficil contalos, pena que como sucede en case todos o ríos de Galicia, a grande maíoría presentan un estado ruinoso, de abandono, que deixa un sentimento  de perda, de pena por  un pasado ido e tan pouco respetado ni conservado.
Seguimos nesta ocasión pola ribeira do Lérez  pasando por diferentes pontes, algunhas  medievais coma a de Andón, por pontellas e pasos. Nun tramo de ruta subimos ao pico Valiñas, un precioso contraste nesta época co río, todo  era amarelo dos toxos e xestas floridos, un gozo para a vista como o resto da ruta.
Volvemos ao lado do río por sendas de pescadores nuns momentos, noutros por camiños que aínda están empedrados, nos  que a auga baixaba  en pequenos regatos,  moitos deses camiños encerrados por muros ..
Impresionantes son aquí  as árbores, estes bosques de ribeira con carballeiras de exemplares altísimas e retorcidas. Tamén pasamos por prados, disfrutamos dun río que vai baixando en curvas, poucas veces é rectílineo, deixando espazos encantadores con  pequenas fervenzas ou caídas que facían unha paisaxe pouco monótona.
En definitiva unha ruta preciosa, aínda un pouco anegada, pero preciosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario