martes, 15 de enero de 2013

Redondela-Vigo

Esta foi un ruta moi fácil, case de entrenamento e boa para coller pulo cara a primavera.
Unha ruta que sacia esa curiosidade que algunha persoa poidese ter cando nunha viaxe en coche hacia Vigo ves a paisaxe de arredor e pensas "pena non poder disfrutar desta vistas máis a modiño" ou ¿"como se verá a ría desde alí arriba?... Tivemos sorte porque o día deixou contemplar as vistas, aínda que en algún momento estivo o ceo gris ou cheo de néboa e orballase ao final do traiecto..
Saímos desde a aldea de Cedeira (Redondela) cara ao monte cunha pendente pronunciada, pasamos diante dun pazo e collemos a senda nomeada como "Senda da auga" que é un camiño habilitado no pasado para levar a traída da auga a Vigo e que hoxe é unha vía totalmente chá de esparcimento, moi frecuentada (segundo a cantidade de xente) sobre todo por ciclistas. Vai recorrendo partes de monte(atopamos unha fervenza e unha fonte) e de zonas urbanas. As antigas aldeas xa case son barrios residenciais onde  se misturan as casas coa súa leira de navizas e os chalets ou casas modernas con xardín e ata piscina...unhas formas totalmente diferentes de entender o "disfrute e aproveitamento da Terra" pero que nesta zona conviven sorprendentdo ao senderista. As vistas panorámicas son espetaculares, vas camiñando e non paras de ver a ría, a illa de San Simón, o porto deportivo, vas avanzando e xa parece a ponte de Rande e todo Vigo, Cangas, as illas Cíes ...unha maravilla.
Unha maravilla que tamén se poden contemplar comodamente desde o mirador da Madroa, frente ao zoo, e moi cerca do lugar no que comimos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario