sábado, 10 de diciembre de 2011

Corrubedo



Marchamos ás 8.00 cun tempo que ameazaba chuvia, pero tivemos sorte e  mantívose toda a ruta. Un bo tempo para andar.
Fomos recollendo xente polo camiño, en Carril, e en Catoira. Almorzamos en Ribeira no "Bulibar". Adiantámonos e empezamos a camiñar no concello de Porto do Son un recorrido  marcado como "sendeiro do río Sieira". Cruzamos a ponte medieval sobre  este río e atravesamos un bonito pinar para chegar  a praia de As Furnas tamén chamada praia do río Sieira (nesta praia é onde Ramón Sampedro quedou parapléxico),  unha praia ben coidada, poque toda esta zona ten un importante complexo de dunas que inténtase protexer por eso camiñamos por pasarelas de madeira, e tamén pola praia para chegar a praia de Basoñas, detrás desta están as lagoas  de Xuño e Muro, de aí, sempre disfrutando dun mar e unha area branca e suave, pasamos a praia de Espiñeirido, logo a de Balieiros, a última que atopamos antes de chegar ao faro de Corrubedo. Creo que todos disfrutamos dun mar impresionante, embrabecido que nunca deixa indiferente...
Ao rematar comimos no bar Balada, no camping Fraga-Balada situado na praia das Furnas nun ambiente moi agradable.
Pola tarde fixemos unha paradiña dunha hora para pasear por Aguiño e regresamos.
Unha saída estupenda que  ensinanos  que non fai falla moitos kilómetros para atopar lugares magníficos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario