miércoles, 9 de febrero de 2011

Ribeira Sacra: San Miguel de Rosende



Un bo madrugón, pero desta vez non quedou sen premio: Tivemos un día espléndido.

Saímos cedo e como sempre que a viaxe é longa, o tempo deu para todo, uns para ir durmindo e para outros, convensando ou/e ir vendo o fermoso amencer.

A ruta sinalada como PRG 86, chamada realmente como "sendeiro dos viñedos da Ribeira sacra", foi variada e agradecida con poucas subidas e unha gran baixada no treito final que nos leva o encoro. Partimos da aldea de Rosende, para ir adentrándonos por camiños que levan as terrazas onde se recolle a uva mencía coa que se fai o viño con denominación de orixe Amandi ou Ribeira Sacra, un viño tinto sabroso, sólido coma estas terras no que nace. Unas terras fermosas que non deixan de ser duras, e de clima extremo, un microclima singular.. a nós tocounos un día ben agradable pero aínda así deixouse ver a xeada nos sendeiros, cultivos e montes.

A paisaxe impresiona. Ver a orográfica da zona domada pola man do home en tantas terrazas e tramos que fan das costas, pendentes levadeiras. Nótase por todas parte que esta terra foi conquistada e traballada desde séculos, unhas veces con respeto, mansamente, e outras non tanto; de todos los xeitos a natureza vai recuperándose e adaptándose sabiamente e así subsisten carballeiras con plantación de piñeiros, e os regatos co encoro do Sil...un encoro que sorprende tras un recodo do camiño, o encoro que embelesa...pero como sería antes o río? seguramente aínda máis fermoso...

Esta vez todo foi agradable, as aldeas, os tramos de monte, o final da ruta ao lado do encoro e a comida nun bonito restaurante en Doade, chamado "A Cantina", un lugar cunha decoración coidada e agradable que tiña o exquisito gusto de dispór dun piano, que permitiu a Alfonso Galván deleitarnos cun pequeno concerto aos postres...

A guinda desta marabillosa ruta foi a parada nas pozas termais de Outariz en Ourense nas que moitos do grupo relaxámonos, mentras os outros paseaban pola ribeira do río.

1 comentario:

  1. moi fermosa, o tempo, as charcas, a paisaxe todo, a que ben tamen e fermosa

    ResponderEliminar