jueves, 20 de enero de 2011

Ribeira Sacra: San Miguel de Rosende

Esta ruta é a que cancelamos en novembro polo mal tempo.
A saída a Ribeira Sacra será o domingo 6 de febreiro, partiremos ás 7,00 desde a parroquial de Vilagarcía. Recordamos a información xa facilitada anteriormente.
Distancia: 12 kms
Dificultade: Media-baixa
Percorrido: Lineal, de San Miguel de Rosende ata Os Chancís.
Iníciase no torreiro do campo da festa de Rosende e bordea o muro do Pazo Casa Grande de turismo rural.
Pasaremos por Albarán, onde seguiremos un camiño de servizo entre os viñedos de uva mencía, que conduce cara ao val do río Cabe. Unha pequena derivación conduce ata Areas con construcións moi simples onde algunha hipótese apunta a primitivos moradores anacoretas que buscaron neste recuncho o sosego en contacto coa natureza.
En Portizó e Hortás poderemos contemplar boas mostras de arquitectura tradicional. De novo outra pequena derivación conduce ata a casa de turismo rural "Reitoral de Anllo". Bosques e viñedos ofrecen fermosas panorámicas sobre os vales do Cabe e o Sil. Pasando a ponte do regato de Camilo, encontramos a estrada que baixa ao embarcadoiro dos catamaráns. Un fermoso recuncho onde pasar un rato gozando dunha gran paisaxe.
De volta é probable que nos detendramos en Ourense para acercarnos ata as pozas de auga termal de Outariz, que son gratuitas. É necesario ir equipados para a ocasión con bañador, chaclas e toalla por se queremos darnos un chapuzón.
O prezo desta saída é de 25 euros.

2 comentarios:

  1. teremos bo tempo o viaxe mereceo xa que ten boa pinta,tan boa que Encarna animouse, aver si nos se queda rezagada , un saudo, o seis vemonos deitadebos asiña que temos que madrugar chaooooooooooo

    ResponderEliminar
  2. supoño que por Encarna ya vos dareis conta de que son miguel,perdón que non me identifiquei,bicos

    ResponderEliminar