lunes, 28 de abril de 2025

Castro Laboreiro- Portugal(2025-03-27)




 O domingo 27 de abril os Cen Pés achegámonos a Portugal, a Catro Laboreiro, onde xa fixemos  algunhas rotas tras tantos anos pateando. A verdade é que a serra do Gerés- Xurés, o parque natural Peneda- Gerés non defrauda nunca, é esixente  nas subidas, sobre todo en días de sol, pois escasea a sombra.

A rota escolllida desta volta foi o trilho Castejo, unha rota que presenta varias variantes e pode engadirse máis ou menos kms; os Cen Pés fixeron sobre 13 km con dificultade entre fácil e moderada. 

Partindo desde Castro Laboreiro, despois do almorzo,dirixímonoss por camiños  tradicionais portugueses ao que chaman Val das Inverneiras, pasando por zonas de sombra con regatos e otras subiendo a miradores o que destaca de todo este recorrido é a presencia das montañas, da rocas e as súas caprichosas formas como o Bico do Patelo que simula un pico de paxaro. A zona de Ponte Nova tamén espectacular, en xeral unha rota bonita bonita, impresionante.