lunes, 31 de marzo de 2025

Sendeiro do río Verdugo-Ponte Caldelas(2025-04/30)

 O domingo 30 de marzo Os Cen Pés acercáronse ao concello de Ponte Caldelas para  camiñar polo sendeiro do río Verdugo, un percorrido dun 12 km de fácil dificultade.

Saímos da aldea de Laxoso de Abaixo e a rota rematou como final no pavillón de Ponte Caldelas.

Una rota moi bonita con grande diversidade ambiental de flora e fauna, esta rota fluvial borea o ríoVerdugo e o Calvelle, deixáronos contemplar distintas construcións con gran valor etnográfico e de comunicacións como muíños, pontellas e "pasos"de pedra para poder cruzar o río. Pasamos tamén cerca dun antigo "foso do lobo", trampas para cazar estes animais, logo desviámonos para visitar as pozas do Verdugo.




lunes, 10 de marzo de 2025

Sendeiro azul de Donón- Costa da Vela- Cangas(20-04-09)

 O domingo 9 de marzo os Cen Pés acercáronse a Cangas a camiñar a Costa da Vela polo sendeiro azul o roteiro de Donón, unha rota dun 10 ou 11km de dificultade moderada polas subidas e baixadas en zonas. Unha rota costeira preciosa con cantís que miran a mar aberto, un pouco protexido pola impresinante Cies, un percorrido variado con xacimento arqueolóxicos, praias de area fina como a de Melide , faros como o   de Punta Subrido, tamén o de Punta Robaleira e o de Cabo Home, o percorrido remanta no Caracola metálica que mira o mar. 

Despois achegámonos ao crucerio de Hío xa con mellor tempo.