O domingo 27 de abril os Cen Pés achegámonos a Portugal, a Catro Laboreiro, onde xa fixemos algunhas rotas tras tantos anos pateando. A verdade é que a serra do Gerés- Xurés, o parque natural Peneda- Gerés non defrauda nunca, é esixente nas subidas, sobre todo en días de sol, pois escasea a sombra.
A rota escolllida desta volta foi o trilho Castejo, unha rota que presenta varias variantes e pode engadirse máis ou menos kms; os Cen Pés fixeron sobre 13 km con dificultade entre fácil e moderada.
Partindo desde Castro Laboreiro, despois do almorzo,dirixímonoss por camiños tradicionais portugueses ao que chaman Val das Inverneiras, pasando por zonas de sombra con regatos e otras subiendo a miradores o que destaca de todo este recorrido é a presencia das montañas, da rocas e as súas caprichosas formas como o Bico do Patelo que simula un pico de paxaro. A zona de Ponte Nova tamén espectacular, en xeral unha rota bonita bonita, impresionante.