viernes, 31 de mayo de 2024

Rota dos Ambiente rurais(Portugal)18/05/2024

 


 








 O sábado 18, despois do almorzo dirxímonos ao o pobo de Castelo de Penalva para camiñar o PR4 ou  Rota dos ambientes rurais,unhaa rota circular duns 12kms que sae do lado da igrexa adicada a san Sebastián. 

Un percorrido que desenvólvese en torno o río Dâo por apacibles aldeas e preciosas paisaxes con diversidade de fauna e flora, unha zona moi bem coidada, pasamos por varias capelas adicadas a diferentes santos como san Aleixo e santa Lucía na aldea de Souto e na de Cantos a capela adicada a Santa Bárbara, en todo momento estivemos asistido por uns representantes do Castelo de Penalva, sede e berce da comarca, que nos regalaron auga e bolsas con nome do lugar. Moitas grazas desde aquí. Unha boa representación do que son as pequenas aldeas de Portugal. Limpas coidadas e bonitas. Trala saída volvimos a Viseu de dimos un paseo pola cidade.

 O día seguinte domingo acercámonos para visitar San Pedro de Sul, unha pequena cidade termal con historia desde época romana na que xa de aproveitaba estas augas, hai múltiples aloxamentos e termas e rutas de senderismo na contorna  de está cidade que está nas Montañas Mágicas, con aldeas cercanas con gran encanto.

Nós fixemos un pequeno recorrido pola ribeira do río Vouga e  un paseo por esta cidade balneairo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario